
Voga Voga
Pola redución de residuos plásticos no medio mariño 🌊 ➡️ @asociacionmisela 📩 vogavoga@misela.es 📱 604 05 12 25 💻vogavoga.org 📚Catálogo ⬇️⬇️







♻️ E despois de recoller os residuos, que queremos facer?
As limpezas das praias son o primeiro paso dun percorrido que queremos continuar con «Séntate no cambio!».
A proposta é clasificar os residuos, seleccionar os plásticos aptos, preparalos e transformalos en pezas para fabricar bancos destinados a espazos públicos.
Cada fase require o seu traballo. Recuperar un material tamén implica coñecelo e comprobar como podemos aproveitalo.
💛 Desde Voga-Voga, un proxecto da Asociación Misela, queremos conectar ese proceso coa aprendizaxe, a participación das persoas con discapacidade e a creación de elementos útiles para a comunidade.
Desliza para coñecer o camiño que queremos percorrer. 👉
#SéntateNoCambio #VogaVoga #AsociaciónMisela #EconomíaCircular #Inclusión #Reciclaxe #CoidadoDoLitoral
hace 2 días
🌊 En Portosín, o coidado da praia é un traballo compartido.
Unha persoa localiza un residuo, outra achega a bolsa e entre todas imos percorrendo o areal. Así traballamos nas xornadas de limpeza de Voga-Voga, colaborando e sumando as achegas de cada persoa. 💛
Neste vídeo compartimos parte da recollida realizada en Portosín polas persoas do Centro Ocupacional Misela, dentro de «Séntate no cambio!».
Esta praia é unha das que forman parte da iniciativa, xunto con outros areais de municipios da contorna. Cada xornada une participación, inclusión e coidado do litoral, co obxectivo de recuperar parte do plástico recollido e transformalo en bancos para espazos públicos. ♻️
Grazas a todas as persoas que facedes posible este traballo!
#SéntateNoCambio #VogaVoga #AsociaciónMisela #Portosín #PortoDoSon #LimpezaDePraias #Inclusión
hace 6 días

💛 Participar, achegar e formar parte da comunidade.
Neste Día Internacional para a Tolerancia, desde Voga-Voga queremos poñer o foco no respecto á diversidade e na importancia de crear oportunidades para que todas as persoas poidan participar.
Nas nosas xornadas de limpeza, as persoas do Centro Ocupacional Misela contribuímos ao coidado das praias coas nosas capacidades, aprendendo e colaborando.
A través de «Séntate no cambio!», compartimos unha tarefa que nos implica como comunidade e dá visibilidade ás achegas das persoas con discapacidade.
🌊 Seguimos construíndo unha contorna máis coidada e unha comunidade máis inclusiva.
#DíaInternacionalParaATolerancia #Participación #Inclusión #VogaVoga #AsociaciónMisela #SéntateNoCambio
hace 1 semana






🌊 Unha xornada en Testal, contada en imaxes.
Percorrer a praia, localizar os residuos e colaborar para recollelos. Nestas fotografías compartimos distintos momentos do traballo das persoas do Centro Ocupacional Misela na praia de Testal, en Noia.
Hai tarefas individuais e outras nas que precisamos botarnos unha man. Todas forman parte dunha xornada compartida de participación e coidado da contorna. 💛
Esta limpeza enmárcase en «Séntate no cambio!», a iniciativa de Voga-Voga que conecta a inclusión coa recuperación de residuos e a súa transformación en novos recursos para a comunidade.
Testal é unha das praias nas que desenvolvemos estas labores, xunto con outros areais de municipios da contorna.
Desliza para coñecer a xornada máis de preto. 👉
#LimpezaDePraias #Inclusión #SéntateNoCambio #VogaVoga #AsociaciónMisela #PraiaDeTestal #Noia
hace 2 semanas





🌊 Que pasa co lixo que queda na area?
Cando sobe a marea, un envase ou un anaco de corda poden acabar no mar. Alí, as redes e cordas abandonadas poden atrapar animais. Co tempo, o plástico tamén pode romper en fragmentos tan pequenos que resultan moito máis difíciles de recoller.
Por iso, en «Séntate no cambio!», o equipo de Voga-Voga recolle residuos en praias da contorna de Muros e Noia. Con estas limpezas axudamos a evitar que o lixo se disperse e, ao mesmo tempo, recuperamos materiais aos que queremos dar unha nova vida. 💛
Que residuos atopas máis a miúdo cando vas á praia? Cóntanolo nos comentarios.
#LimpezaDePraias #CoidadoDoMar #SéntateNoCambio #VogaVoga #AsociaciónMisela
hace 2 semanas
🌊 «Séntate no cambio!» tamén pasa pola praia de Testal.
Testal, en Noia, é unha das praias nas que realizamos as limpezas desta iniciativa de Voga-Voga, xunto con outros areais de municipios da contorna.
Un proxecto da Asociación Misela que une inclusión, participación e coidado do noso litoral. 💛
Neste vídeo, as persoas do Centro Ocupacional Misela amosamos como traballamos: luvas, pinzas, bolsas e colaboración para recoller os residuos que atopamos na praia.
Estas xornadas forman parte dun camiño cun obxectivo: recuperar parte do plástico recollido e transformalo en bancos para espazos públicos. Unha nova vida para os materiais e un proxecto no que as persoas son protagonistas. ♻️
Acompáñasnos nos próximos pasos?
#VogaVoga #AsociaciónMisela #PraiaDeTestal #Noia #LimpezaDePraias #Inclusión
hace 2 semanas






🌊 Coñeces Voga-Voga?
Somos un proxecto da Asociación Misela no que persoas do Centro Ocupacional participan na recuperación e transformación de plástico en produtos útiles, unindo aprendizaxe, inclusión e coidado da contorna. ♻️
Detrás de cada actividade hai persoas que achegan as súas capacidades, aprenden e traballan en equipo. Elas son as protagonistas de Voga-Voga e do cambio que queremos impulsar na nosa comunidade.
Un exemplo é «Séntate no cambio!», unha iniciativa que conecta a limpeza das nosas praias co obxectivo de transformar parte do plástico recuperado en bancos para espazos públicos.
Pero o seu propósito vai máis alá dun banco: queremos sumar participación, darlles unha nova vida aos materiais e contribuír a unha comunidade máis inclusiva. 💛
Por aquí iremos compartindo as persoas, os procesos e as historias que forman parte do proxecto.
Acompáñasnos?
#SéntateNoCambio #Inclusión #EconomíaCircular #LimpezaDePrais #VogaVoga #AsociaciónMisela
hace 3 semanas

🌊♻️ CINCEIROS VOGAVOGA ♻️🌊
Dálle unha segunda vida ao plástico cos nosos cinceiros feitos con plástico reciclado 💙
Non promovemos o consumo de tabaco; promovemos o coidado do noso entorno. 🌍
Esta iniciativa nace para axudar a evitar que as cabichas rematen nas praias, nos montes ou nas rúas, contribuíndo a manter os espazos naturais limpos e sen residuos 🌿
💰 Prezo a consultar
📲 Escríbenos para máis información!
#Vogavoga #Reciclaxe #PraiasLimpas #SenResiduos #Sostible #FeitoAMan #EcoFriendly #Galicia #PlasticoReciclado #CoidemosONosoEntorno
hace 5 meses
🌊💙 Hoxe presentamos a Luís, unha persoa imprescindible no equipo de Vogavoga 💙🌊
Luís recolle os residuos que o mar devolve á terra. Grazas ao seu traballo, contribuímos a conservar espazos naturais máis limpos, seguros e respectuosos co medio ambiente. ♻️
Cada obxecto retirado da praia é unha pequena vitoria para o noso litoral e para a biodiversidade que o habita. 🏖️
En Vogavoga estamos orgullosos de contar con persoas como Luís, que demostran cada día que o cambio comeza coas accións máis sinxelas, pero tamén coas máis importantes.
#Vogavoga #LimpezaDePraias #MedioAmbiente #EconomíaCircular #EquipoVogavoga 🌊♻️💙
hace 6 meses








