Seguimos realizando formacións para poder levar a cabo Voga-Voga, neste caso tocounos formar no mundo dos plásticos, nos diferentes tipos de plástico, as súas características, funcionalidades, etc.. Esta formación foi impartida polo Laboratorio de Plásticos de Ferrol dentro do marco das actividades da Aula Sostible do Freixo. …
Dentro da nosa campaña de sensibilización, xunto coas charlas formativas, realizamos limpezas de praias. O pasado luns procedemos á limpeza da praia de Testal co Grupo Alcor do Colexio María Assumpta.
O pasado luns 14 de marzo puxemos en marcha a nosa campaña de sensibilización cunha charla formativa sobre o noso proxecto e sobre a separación de residuos e reciclaxe cun grupo de alumnas e alumnos pertencentes ao Grupo Alcor do Colexio María Assumpta de Noia.
Dentro do noso proxecto contamos con actividades de sensibilización para grupos. Nesta ocasión estamos a preparar unha charla formativa para centros educativos e entidades do sector social da zona, dirixida polas persoas usuarias da nosa Asociación.
O pasado venres achegámonos, xunto cos nosos compañeiros das Asociacións Adisbismur e A Creba, á Praia de Broña a realizar unha das actividades enmarcadas dentro do Proxecto Aula Sostible do Freixo na que presenciamos a recollida de lixo do areal, organizada pola Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia dentro do Proxecto ECONOIA (Plan Mar…



