Actividades para grupos e sensibilización
As actividades que se levan a cabo inclúen a realización de charlas de sensibilización en colexios e institutos sobre o coidado do medio ambiente, redución de uso de plásticos, reciclaxe, limpezas e emprego das máquinas. As persoas usuarias son as protagonistas que dirixen todas as actividades propostas.
Por outro lado tamén se fan campañas en Redes Sociais e difusión a través desta páxina web.








