Bitácoras do Mar
O pasado mes de decembro recibimos a gran noticia de que o noso proxecto foi seleccionado como un exemplo de boas prácticas no territorio Galp Costa Sostible por Bitácoras do Mar e estivemos gravando unha entrevista con eles.

Ao longo destes meses recibimos diversas formacións para poder poñer en marcha o noso proxecto ao cen por cen. Da man de Óscar García Alonso de Coge3 recibimos formación no uso e manexo axeitado da maquinaria que imos empregar no proceso de transformación do lixo. A Asociación Adega Ecoloxismo impartiunos unha formación online en reciclaxe…
O pasado venres 28 de xaneiro de 2022 tivemos unha xuntaza con membros da Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro SEO Fisterra-Ría de Muros e Noia, da Asociación Adisbismur, Asociación A Creba e co Alcalde do Concello de Outes, entidades promotoras e socias do Proxecto Aula Sostible do Freixo, para poñer en común a actividade…