Traballo no taller de prototipado de plástico
No taller de prototipado lévanse a cabo diversos procesos para a conversión de plástico en novos obxectos. Unha vez separado e seleccionado o plástico, empregarase a máquina trituradora para conseguir a consistencia axeitada para introducir nas demais máquinas. O triturado realízase por cores, de xeito que temos a materia prima clasificada por tipo de plástico e cor. Unha vez realizado isto, contamos con moldes que permiten realizar o produto desexado ben a través da máquina inxectora ou ben a través da extrusora.








