Seguimos realizando formacións para poder levar a cabo Voga-Voga, neste caso tocounos formar no mundo dos plásticos, nos diferentes tipos de plástico, as súas características, funcionalidades, etc.. Esta formación foi impartida polo Laboratorio de Plásticos de Ferrol dentro do marco das actividades da Aula Sostible do Freixo. …
Dentro da nosa campaña de sensibilización, xunto coas charlas formativas, realizamos limpezas de praias. O pasado luns procedemos á limpeza da praia de Testal co Grupo Alcor do Colexio María Assumpta.
O pasado luns 14 de marzo puxemos en marcha a nosa campaña de sensibilización cunha charla formativa sobre o noso proxecto e sobre a separación de residuos e reciclaxe cun grupo de alumnas e alumnos pertencentes ao Grupo Alcor do Colexio María Assumpta de Noia.
Dentro do noso proxecto contamos con actividades de sensibilización para grupos. Nesta ocasión estamos a preparar unha charla formativa para centros educativos e entidades do sector social da zona, dirixida polas persoas usuarias da nosa Asociación.
O pasado venres achegámonos, xunto cos nosos compañeiros das Asociacións Adisbismur e A Creba, á Praia de Broña a realizar unha das actividades enmarcadas dentro do Proxecto Aula Sostible do Freixo na que presenciamos a recollida de lixo do areal, organizada pola Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia dentro do Proxecto ECONOIA (Plan Mar…
Asistimos, xunto con usuarios e membros das entidades Adisbismur e A Creba Saúde Mental, a unha das actividades programadas dentro do Proxecto Aula Sostible do Freixo: visitamos a Praia de Testal (Noia) para ver de cerca e coñecer a labor que desempeñan as mariscadoras e visitamos a Lonxa da Confraría San Bartolomé de Noia para…
O pasado mes de decembro recibimos a gran noticia de que o noso proxecto foi seleccionado como un exemplo de boas prácticas no territorio Galp Costa Sostible por Bitácoras do Mar e estivemos gravando unha entrevista con eles.
Ao longo destes meses recibimos diversas formacións para poder poñer en marcha o noso proxecto ao cen por cen. Da man de Óscar García Alonso de Coge3 recibimos formación no uso e manexo axeitado da maquinaria que imos empregar no proceso de transformación do lixo. A Asociación Adega Ecoloxismo impartiunos unha formación online en reciclaxe…
O pasado venres 28 de xaneiro de 2022 tivemos unha xuntaza con membros da Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro SEO Fisterra-Ría de Muros e Noia, da Asociación Adisbismur, Asociación A Creba e co Alcalde do Concello de Outes, entidades promotoras e socias do Proxecto Aula Sostible do Freixo, para poñer en común a actividade…
